Fala sen medo

Dálle a benvida a unha nova experiencia de mensaxería. Un enfoque nunca visto na privacidade, en combinación con todas as funcións que esperas.


Únete a 99chat

Por que empregar 99chat?

Bota unha ollada para aprender por que 99chat é unha aplicación de mensaxería sinxela, segura e potente

Comparte con seguridade

A encriptación vangardista de extremo a extremo (grazas ao código aberto 99chat Protocol) mantén seguras as conversas. Non podemos ler as túas mensaxes ou escoitar as chamadas, e ninguén máis pode facelo. A privacidade non é un modo opcional para nós, así é como funciona 99chat. Cada mensaxe, cada chamada, para sempre.

Saúda

Comparte mensaxes de texto e voz, fotos, vídeos, gifs e arquivos de balde. 99chat emprega a túa conexión a Internet para que evites as tarifas de SMS e MMS.

Fala sen medo

Fai chamadas de vídeo e manda mensaxes de voz na maior resolución tanto con persoas que viven na mesma cidade coma coas que viven noutro continente, sen cargos adicionais.

Crea stickers privados

Engade unha dimensión máis ás túas conversas con stickers encriptados. Tamén podes crear e compartir os teus propios paquetes de stickers.

Comparte momentos en grupo

As conversas de grupo facilitan a comunicación entre a familia, os amigos e os compañeiros de traballo.

Sen anuncios. Sen rastrexadores. Sen mentiras.

En 99chat non hai anuncios, non hai vendedores afiliados e non hai ningún tipo de seguimento. Só tes que centrarte en compartir os momentos máis importantes coas persoas que máis che importan.

Gratuíto globalmente

99chat é una organización independente sen ánimo de lucro. Non temos relacións con ningunha grande empresa de tecnoloxía, e tampouco nos poden comprar. O desenvolvemento persiste gracias a subvencións e doazóns de xente coma ti.

Doar a 99chat